A compravenda de vivendas medra un 19,5% en Galicia no mes de novembro
Os préstamos hipotecarios subiron un 32,7%, por enriba da media española que se situou no 24%, segundo os datos recollidos polo Centro de Información Estatística do Notariado.
Centro de Información Estatística do Notariado; La Opinión de A Coruña
A compravenda de viviendas medrou en Galicia un 19,5% e os préstamos hipotecarios un 32,7%, segundo os datos recollidos polo Centro de Información Estatística do Notariado. Unhas porcentaxes moi por enriba da media española, que se situou nun crecemento do 9% e do 24% respectivamente.
Cunha caída do 3,2% no prezo do metro cadrado, Galicia foi unha das dúas únicas autonomías nas que se abaratou o custo da vivenda respecto ao ano anterior. Desta forma, a comunidade galega encadea oito meses de crecemento nas compravendas e 12 en formalización de hipotecas.
80 compravendas de vivenda ao día en Galicia
En novembro de 2024, realizáronse 2.477 compravendas de vivenda na comunidade e o prezo medio do metro cadrado situouse nos 1.158 euros, rexistrando unha caída do 3,2% fronte ao encarecemento do 5,9% no conxunto de España. Estas cifras tradúcense en máis de 80 compravendas de vivenda ao día en Galicia, un 19,5% máis que as realizadas no mesmo mes de 2023.
Por outro lado, no mes de novembro pecháronse en Galicia 1.104 préstamos hipotecarios para a compra de vivenda, un 32,7% máis que no mesmo mes de 2023.